O goberno local de Sanxenxo critica á oposición por non apoiar os seus plans para a praia da Carabuxeira

Sanxenxo
21 de xuño 2018

Para o bipatito os partidos da oposición "demostraron que a súa prioridade non é rexenerar a praia da Carabuxeira, o seu obxectivo é poñer paus na roda do goberno"

Proxecto definitivo de mellora da praia de Carabuxeira Concello de Sanxenxo

Na última reunión do Consello de Nauta, celebrada este mércores, incluíase unha proposta do goberno local para que o consello delegase na presidencia a xestión da achega de area á praia da Carabuxeira.

Segundo o goberno bipartito, o obxectivo da proposta é "axilizar a xestión deste asunto, de maneira, que non haxa que estar a reunir ao Consello de Nauta a cada paso que hai que dar". O BNG e o PSOE votaron en contra. O goberno dispoñía da maioría suficiente para aprobar a proposta.

Ao executivo local gustaríalle realizar a achega de area antes de agosto, aproveitando a recente autorización de Costas. 

Para o bipatito os partidos da oposición "demostraron que a súa prioridade non é rexenerar a praia da Carabuxeira, o seu obxectivo é poñer paus na roda do goberno".