O PP pide a Concello e Deputación que informen das obras aos veciños de Campelo

Poio
04 de abril 2018

Despois do anuncio da sinatura de dous convenios de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio para actuacións en Campelo, a concelleira do PP de Poio e voceira da formación para Campelo, Nati Torres pediu a ambas institucións que informen das obras aos veciños

Praza da Granxa en Campelo, Poio PontevedraViva

Despois do anuncio da sinatura de dous convenios de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio para actuacións en Campelo, a concelleira do PP de Poio e voceira da formación para Campelo, Nati Torres pediu a ambas institucións que informen das obras aos veciños.

"Que expliquen ben aos veciños este proxecto" dixo a concelleira do PP recordando que o novo deseño "ten pouco que ver co anterior, xa que agora practicamente só hai beirarrúas por un lado e en varias zonas simplemente cambia a superficie".

"Se está ben para os veciños de Campelo, está ben para o PP", asegurou.

Torres non comparte as palabras do deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, cando afirma que o Concello conseguiu todos os terreos. "Evidentemente non é certo, por iso tiveron que facer un novo proxecto moi distinto ao anterior", dixo.

A edil popular tamén reprocha que a deputada e tenente de alcalde, Chelo Besada tildase de "irrealizable" a actuación anterior e lle recorda que aquel proxecto "foi encargado e pagado polo propio Concello".

"En calquera caso, non dubidamos que a zona quedará moito mellor do que está na actualidade, pero é un proxecto moi singular", recordou Torres, polo que insistiu en que Concello e Deputación deben ter "a máxima transparencia, reunirse cos veciños e darlles toda a información".

Así, Torres insistiou que os que teñen que estar de acordo co proxecto e ter todos os datos son "os que van a utilizar esta estrada", e se lles vale aos veciños de Campelo, ao PP válelle.