Xa é oficial: Rafa Domínguez será o candidato do PP en Pontevedra para as municipais de 2027

Pontevedra
17 de xullo 2026

O PP confirmou que será Rafa Domínguez será o seu candidato á alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2027. Será o seu terceiro intento para gobernar a cidade

Rafa Domínguez, portavoz do PP en Pontevedra

Non houbo sorpresas. Rafa Domínguez optará de novo á alcaldía de Pontevedra.

Tal e como se esperaba, o Partido Popular confirmouno este venres como o seu candidato nas eleccións municipais que se celebrarán en 2027.

Será a terceira vez que Domínguez tente chegar á alcaldía de Pontevedra, xa que liderou a lista do PP en 2019 e 2023.

Nestes últimos comicios, os populares foron o partido máis votado e chegaron até o once edís.

A confirmación do seu candidato por Pontevedra chegou tras a reunión do comité electoral do PP que se celebrou na Coruña.

"Asumo esta enorme responsabilidade con moitísima ilusión", destacou Rafa Domínguez a través dun vídeo que difundiu por redes sociais.

Considera que Pontevedra "non pode estar estancada nin resignada" e que necesita un "proxecto de futuro" para seguir avanzando.

Domínguez subliña que "o cambio está máis cerca" e móstrase convencido de que será capaz de arrebatarlle a alcaldía ao BNG despois de case 28 anos de goberno.

A súa presentación oficial como candidato producirase mañá sábado en Santiago de Compostela, nun acto ao que acudirá o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora