Os disfraces desfilan en Monte Porreiro baixo o sol

Pontevedra
21 de febreiro 2016

A urbanización pontevedresa celebrou este domingo 21 en horario matinal o seu desfile, que tamén tivera que ser adiado por mor do mal tempo.

Desfile do Entroido en Monte Porreiro 2016 Diego Torrado

Numerosos colectivos participaron no desfile matinal que se desenvolveu durante este domingo 21 na urbanización de Monte Porreiro. Diversión e cor marcaron esta xornada que contou co protagonismo do sol, que permitiu que os disfraces destacaran aínda máis durante o percorrido.

Igual que sucedera en Pontevedra unhas horas antes, o premio ao mellor disfrace foi para 'Os esquíos dos piñeiros'.
 

Arquivado en