Para o PP os cambios en Echegaray son unha 'represalia' do alcalde que 'quiere a los vecinos calladitos'

Pontevedra
03 de decembro 2013

Dende o grupo municipal do Partido Popular mostran a súa total "indignación" coa nova reordenación do tráfico adoptada polo goberno local de Pontevedra para a rúas Alameda, Echegaray e Alfonso XIII e a ponte da Barca. Valórana como "una nueva muestra de intolerancia", do alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores

Dende o grupo municipal do Partido Popular mostran a súa total "indignación" coa nova reordenación do tráfico adoptada polo goberno local de Pontevedra para a rúas Alameda, Echegaray e Alfonso XIII e a ponte da Barca, que valoran como "una nueva muestra de intolerancia", do alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores.

O voceiro municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, afirmou que estes cambios viarios son "la represalia de Lores y de Mosquera hacia los vecinos, los comerciantes y los conductores, por no acatar sus decisiones con total sumisión como a ellos les gustaría y por protestar contra el cierre de tráfico hacia Poio por el puente de A Barca".

Jacobo Moreira: "En Pontevedra está claro: ⿿Si protestas prepárate⿿, esta es la máxima de Lores"

"En Pontevedra está claro: ⿿Si protestas prepárate⿿, esta es la máxima de Lores", dixo Moreira.

"Lores puede protestar, Lores puede ser incluso insumiso, pero a los vecinos los quiere calladitos. Para eso les ofrece pan y circo", dixo. Jacobo Moreira sinala que o goberno local intentou "engañar" á opinión pública, xa que a nova reordenación do tráfico "no ha sido consensuada con los vecinos" e por outra parte, "estas medidas nada tienen que ver" coas obras de Acuaes.

Tras "solidarizarse" con todos os cidadáns "que se sientan atacados por este nuevo castigo" o voceiro popular anunciou a intención de solicitar un pleno extraordinario para abordar estes cambios na circulación rodada "que están provocando que la ciudad esté sumida en un permanente y soporífero caos viario".

Finalmente Jacobo Moreira lanzou unha mensaxe dirixida á cidadanía, "pedimos a la gente que siga diciendo libremente lo que piensa y que protesten cuando tengan que protestar y que no tengan miedo a hablar con claridad porque el Partido Popular va a estar al lado de la gente que habla con libertad".