Portomaior, Lagos, Lapamán e Area de Bon xa presumen de bandeira azul

Bueu
05 de xullo 2018

A praia de Portomaior foi o lugar elixido polo goberno municipal de Bueu para celebrar o acto simbólico de izado das catro bandeiras azuis que, de cara a esta tempada de verán, ondearán nos areais do municipio

Izado da bandeira azul na praia de Portomaior Concello de Bueu

A praia de Portomaior foi o lugar elixido polo goberno municipal de Bueu para celebrar o acto simbólico de izado das catro bandeiras azuis que, de cara a esta tempada de verán, ondearán nos areais do municipio.

No acto, xunto o alcalde, Félix Juncal, e os concelleiros de Turismo e Servizos, Silvia Carballo e Fidel Castro, estiveron todos os socorristas que traballarán nas praias de Portomaior, Lagos, Lapamán e Area de Bon.

O Concello destaca que xa están traballando os trece socorristas, seis dos cales se contrataron con cargo ao orzamento municipal e os sete restantes mediante a Federación de Socorrismo e Salvamento de Galicia.

 Ademais, a vila bueuesa conseguiu tamén o distintivo azul para o Centro de Interpretación de Agrelo e para a Aula da Natureza de Cabo Udra, ademais de para o sendeiro de Cabo Udra.