Protección Civil estrea unha nova furgoneta para atender as emerxencias na Lama

A Lama
26 de decembro 2020

O novo vehículo foi entregado este sábado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. É o segundo vehículo que a Xunta concede a este servizo mancomunado entre os concellos de Mondariz-Balneario, Mondariz, Fornelos de Montes, Covelo e A Lama

Entrega dunha furgoneta para Protección Civil da Lama Xunta de Galicia

A agrupación de Protección Civil de Oitavén-Tea, que atende a cinco municipios da provincia -un deles o da Lama- disporá dunha nova furgoneta para atender as emerxencias.

O novo vehículo foi entregado este sábado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. 

É o segundo vehículo que a Xunta concede a este servizo mancomunado entre os concellos de Mondariz-Balneario, Mondariz, Fornelos de Montes, Covelo e A Lama.

No marco da entrega da furgoneta, Rueda recordou que Galicia reforzará o mapa de emerxencias con cinco novos GES e un servizo municipal de emerxencias.

Un destes grupos supramunicipais terá a súa sede na Lama e atenderá as emerxencias que se produzan tamén en Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas.