Rueda defende a xestión da Xunta ante os empresarios pontevedreses

Pontevedra
15 de xuño 2017

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves no xantar-coloquio IX Foro Empresa Pontevedra, onde destacou a utilidade e interese destes encontros para fomentar a interactuación entre distintos ámbitos da sociedade

O vicepresidente Alfonso Rueda no Foro Empresa Pontevedra Mónica Patxot

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves no xantar-coloquio IX Foro Empresa Pontevedra, onde destacou a utilidade e interese destes encontros para fomentar a interactuación entre distintos ámbitos da sociedade.

No encontro cos empresarios, o vicepresidente realizou un balance do traballo feito ata o momento polo goberno da Xunta, centrándose fundamentalmente nos avances acadados polo departamento que dirixe.

Dous foron os eixos principais da súa intervención: a colaboración e coordinación entre institucións, e a modernización da administración a todos os niveis.

O Foro Empresa Pontevedra, é unha iniciativa promovida pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) e a Asociación de Empresarios da Pequeña e Mediana Empresa (Aempe) que ten coma obxectivo crear un lugar de encontro e poñer en común experiencias e abordar a situación actual e as perspectivas de futuro.