Rueda 'reta' a Cuca Gamarra e Elías Bendodo a seguirlle o ritmo polo Lérez

Pontevedra
22 de maio 2022

O prometido, din, é débeda. Alfonso Rueda e Elías Bendodo, coordinador xeral do PP, iniciaron este domingo como anunciaran. Practicando deporte a beiras do río Lérez. Puxéronse as camisetas do Xacobeo e percorreron doce quilómetros pola fachada fluvial do Lérez ata Bora

Cuca Gamarra, Elías Bendodo e Alfonso Rueda, na súa sesión de 'running' PontevedraViva

O prometido, din, é débeda. Alfonso Rueda e Elías Bendodo, coordinador xeral do PP, iniciaron este domingo como anunciaran. Practicando deporte a beiras do río Lérez.

Ambos os dirixentes citáronse, ás sete da mañá, tras unha 'disputa' amigable sobre o polbo galego e o andaluz, comunidade esta última da que é natural Bendodo. E cumpriron.

Acompañados pola secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, o edil pontevedrés Pablo Fernández ou Javier Campoy, ex presidente popular en Zaragoza, puxéronse as camisetas do Xacobeo e percorreron doce quilómetros pola fachada fluvial do Lérez ata Bora.

"Orgulloso de ensinarlles o bonita que é a miña cidade a ritmo de runners", destacou o propio Rueda a través da súa conta en Twitter, na que compartiu as imaxes desta sesión deportiva, que se celebrou antes da clausura do congreso do PPdeG.