Sábado de paseo nocturno en bici por Vilagarcía

O Salnés
06 de xullo 2024

A ruta sairá este sábado 6 de xullo desde O Cavadelo ás 22.00 horas cara Vilaxoán para dirixirse despois ao Carril. Finalizará cun sorteo de accesorios para as bicicletas

Paseo nocturno en bici en Vilagarcía Arousa en Bici

Este sábado 6 de xullo, Vilagarcía gozará dun novo e lúdico paseo nocturno en bicicleta.

A Asociación Arousa en Bici e o Concello de Vilagarcía organizan este evento que en 2023 contou coa participación de máis de 200 persoas de todas as idades.

A intención dos organizadores é superar esa cifra de participantes. 

A saída será no parque do Cavadelo ás 22.00 horas. Despois, a marcha continuará cara a Vilaxoán para volver en dirección O Carril e regresar ao centro de Vilagarcía.

A Policía Local e integrantes de Protección Civil acompañarán ao pelotón.

É necesario usar casco de protección e, ao final do evento, serán sorteados accesorios para as bicicletas entre as persoas participantes.