Un millón de toneladas en seis meses

Pontevedra
31 de xullo 2017

O balance provisional de tráfico de mercadorías no Porto de Marín durante os seis primeiros meses do ano supera o millón de toneladas movidas. En concreto, manipuláronse 1.134.000 toneladas de mercadoría entre xaneiro e xuño a través das diferentes terminais portuarias

Porto de Marín Mónica Patxot

O balance provisional de tráfico de mercadorías no Porto de Marín durante os seis primeiros meses do ano supera o millón de toneladas movidas. En concreto, manipuláronse 1.134.000 toneladas de mercadoría entre xaneiro e xuño a través das diferentes terminais portuarias.

O capítulo que experimenta un maior ascenso é o da mercadoría xeral, tanto na súa presentación convencional como en colector, con máis de 800.000 toneladas. Pola contra, os graneis agroalimentarios baixan neste período, fundamentalmente debido á estacionalidade deste tipo de tráficos. Tamén aumenta o GT ou capacidade dos buques mercantes que fixeron escala en Marín durante estes meses do ano.

Un dos tráficos que está a experimentar un crecemento continuo en Marín é o da pesca conxelada.

O porto conta cunha importante capacidade de almacenamento en frío para produtos da pesca conxelada ademais de varias salas de elaborado, instalacións especializadas e servizos áxiles e de calidade para atender estes tráficos.