Unha muller de 80 anos resulta ferida ao ser atropelada nun paso de peóns de Sanxenxo

Sanxenxo
09 de abril 2026
Actualizado: 11:43

O condutor do vehículo manifestou perder a visibilidade polo sol nun inicio de mañá que sumou outro accidente cun ferido leve en Poio

Atropelo dunha muller de 80 anos en Sanxenxo
Atropelo dunha muller de 80 anos en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Os servizos de emerxencias xestionaron ás 9:18 horas deste xoves o aviso dun atropelo no lugar de Vinquiño, no termo municipal de Sanxenxo.

O incidente localizouse nun paso de peóns situado fronte ao supermercado Gadis.

Segundo a información facilitada polo Concello, a vítima é unha muller de 80 anos, veciña de Miraflores, que recibiu un impacto na cabeza como consecuencia da colisión.

O condutor do turismo implicado relatou que a posición do sol nese momento dificultou a súa visión ao volante, o que lle impediu detectar a presenza da viandante.

Tras unha primeira asistencia, a muller foi trasladada ao centro de saúde de Baltar para recibir atención médica.

ACCIDENTE EN POIO

Apenas tres minutos antes deste suceso, ás 9:15 horas, o 112 Galicia rexistrou outro accidente de circulación no municipio lindeiro de Poio entre un turismo e unha furgoneta pequena.

Neste caso, o sinistro tivo lugar na Avenida da Seca, onde os vehículos implicados quedaron inmobilizados na calzada.

Ao momento desprazáronse efectivos de Protección Civil de Poio, axentes da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061.

O balance deste segundo incidente limitouse a unha persoa ferida con lesións de carácter leve, según informa Protección Civil de Poio.