A playlist de... #162: Aída García
Ven | 21:00 | 22:42
Aída García López nunca resistiuse a facer o que lle apetecía porque "non fose de mozas". É cántabra, creceu pegada ao Sardinero, ao Cantábrico. Co tempo e as circunstancias recalou no Atlántico, na ría de Vilagarcía e na cidade que lle dá nome. O MotoBike Poio Galaico tena nas súas filas. Foi Pontevedra a cidade onde, ata a data, viviu o seu podio máis alto: dous ouros no Mundial ITU de 2019 conseguindo a mellor marca feminina en todos os rangos de idade. Unha experiencia que cualifica de "agasallo de vida"