A playlist de... #149: Luis Zahera

A playlist de... #149: Luis Zahera

Ven | 21:00 | 22:34

Luís  Zahera recolleu estes días o Premio Cinema Galego no FICBUEU. Picheleiro, "de Compostela como dicía miña nai", do barrio da Estila. Compostelán e arousán, da Illa, de veciñanza adoptiva.  Comezou con Vidal Bolaño  e logo foron chegando personaxes que se converteron en alter egos de Zahera como Anselmo o carteiro, para Luar; ou Petróleo en 'Mareas Vivas'. 

Recibiu este 2019 o Goya ao mellor actor de reparto. O seu papel de Cabrera en 'El reino' de Sorogoyen ben podería ser a antítese dunha ladaíña repetida na familia Castro Zahera: "tentar ser honrados. Sempre que podo reivindícoo, non saírse do parchís". O próximo ano poderase verlle na serie 'La Unidad' para a plataforma Movistar+, dirixida por Daniel de la Torre

 

A playlist de...

Venres ás 21.00 horas

Nós propoñemos un invitado; eles e elas fan a súa selección musical

A playlist de...#81 José Freire

Ven | 21:00 | 22:41

José Freire, axente do Corpo Nacional de Policía recentemente xubilado e asesor -na actualidade- do Sindicato Nacional de Policía (SUP).

Descargar
A playlist de...#81 José Freire
Fechar