Boomer el último #2: Series televisivas dos 80'

Boomer el último #2: Series televisivas dos 80'

Sab | 12:00 | 12:36

A retranca e a nostalxia volven unirse noutro capítulo do podcast 'Boomer el último'. Se no primeiro episodio do programa Jesús Fontanes e Marcial Outeda batéronse en duelo sobre os grupos e cantantes de música española da década dos oitenta, nesta ocasión volven facelo mirando á televisión.

Que series televisivas facíannos sentarnos ante a pantalla nun día e hora concretos? (si, daquela ou as vías na emisión prevista, ou chas perdías). Marcial e Jesús tiran de memoria e traen uns cuantos títulos, sempre co seu punto socarrón e mesmo descubrindo algúns detalles que, se es da xeración boomer, igual pasáronseche por alto naquel momento. Atentos, non despistarse, que igual vos pillan por sorpresa. 

E, a quen levan á sección de 'El desguace'?, descargan toda a súa retranca sobre un recoñecido actor daquel momento que ademais de aparecer fugazmente nunha película icónica, tamén protagonizou e participou na repartición dunha das series top daqueles anos. Non desvelamos máis, o mellor é que che regales un intre de humor con eles. 

Boomer o último

Sábado ás 12.00 horas

Segundo o prospecto, este podcast pode resultar prexudicial para a saúde; principalmente se o organismo non está preparado para altas doses de retranca.

Fechar