Boomer o último #6: Como identificar aos boomers

Boomer o último #6: Como identificar aos boomers

Sab | 12:00 | 12:39

Descanso por vacacións. Último capítulo desta primeira tempada, que aínda que breve foi intensa e de boa acollida, tendo en conta o número de subscritores. Marcial Outeda e Jesús Fontanes traen unha edición especial: como identificar aos boomers. 

'Cuarentañeroscincuentañerosviejóvenes... como se lles define ou se definen os propios boomers?, que frases usan, que comen, que beben, como se visten, practican deporte?, e que deportes?, saen de copas, van de tardeo, ou xa non saen?. Hai dispositivos que os boomers aínda lembran e que as xeracións posteriores descoñecen, ou só os teñen vistos en fotos...  ou nos baúis do recordo. E xa que estamos no verán, momento prolífico de festivais e concertos, os boomers tamén van de festivais e concertos?, os protagonistas deste podcast falan en primeira persoa do plural.

Boomer o último

Sábado ás 12.00 horas

Segundo o prospecto, este podcast pode resultar prexudicial para a saúde; principalmente se o organismo non está preparado para altas doses de retranca.

Fechar