A Garda Civil sorprende o condutor dun turismo de alta gama usando un dispositivo de detección de radar
Por Oskar Viéitez
Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa sorprendeu ao condutor dun turismo de alta gama que levaba un dispositivo de detección de radar de última xeración.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, os feitos ocorreron o pasado luns 6 de maio, na PO-531 á altura de Poio. A complexa instalación deste dispositivo convertíao en practicamente imperceptible, pero unha minuciosa inspección dos axentes permitiu a súa detección.
O condutor resultou ser un veciño de Vilaboa, de 30 anos.
O vehículo quedou inmobilizado, ata o seu traslado a un taller oficial, co fin de desinstalar o aparello.
A Garda Civil formulou unha denuncia administrativa por infracción grave á Lei de Seguridade viaria, así como unha detracción de tres puntos do permiso de condución.
O feito en cuestión, tivo lugar dentro dun dispositivo de velocidade establecido no marco da campaña da DXT, específica de vixilancia de colectivos vulnerables, sendo a velocidade como un dos factores de risco crave na sinistralidade viaria, que se está desenvolvendo entre os días 06 ao 12 de maio.
Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra lémbrase que está totalmente prohibido, tanto o uso como levar instalados dispositivos de detección ou inhibidores de radar.
Relacionadas:
-
Este luns hai peche de tráfico en San Antoniño con motivo das obras en Barcelos
Por Redacción |
-
Detido un veciño de Marín sen puntos no carné que adiantou a gran velocidade un camión nunha curva sen visibilidade
Por Natalia Puga |
-
Unha veciña de Cambados e un neno de oito anos resultan feridos nunha saída de vía
Por Anxo Lourido |
-
O subdelegado reparte chalecos reflectantes entre peóns e ciclistas
Por Oskar Viéitez |