Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa sorprendeu ao condutor dun turismo de alta gama que levaba un dispositivo de detección de radar de última xeración.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, os feitos ocorreron o pasado luns 6 de maio, na PO-531 á altura de Poio. A complexa instalación deste dispositivo convertíao en practicamente imperceptible, pero unha minuciosa inspección dos axentes permitiu a súa detección.
O condutor resultou ser un veciño de Vilaboa, de 30 anos.
O vehículo quedou inmobilizado, ata o seu traslado a un taller oficial, co fin de desinstalar o aparello.
A Garda Civil formulou unha denuncia administrativa por infracción grave á Lei de Seguridade viaria, así como unha detracción de tres puntos do permiso de condución.
O feito en cuestión, tivo lugar dentro dun dispositivo de velocidade establecido no marco da campaña da DXT, específica de vixilancia de colectivos vulnerables, sendo a velocidade como un dos factores de risco crave na sinistralidade viaria, que se está desenvolvendo entre os días 06 ao 12 de maio.
Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra lémbrase que está totalmente prohibido, tanto o uso como levar instalados dispositivos de detección ou inhibidores de radar.