O novo colexio de Vilalonga, proxecto estrela de Educación na provincia para os próximos dous anos
Por Redacción
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten programadas ata o ano 2021 obras en 13 centros educativos da provincia de Pontevedra ao abeiro do desenvolvemento do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas. Entre elas, a obra que acapara máis investimento é a de construción do novo colexio de Vilalonga, en Sanxenxo.
En total, o investimento previsto para as 13 actuacións programadas na provincia ascende a preto de 15 millóns de euros, dos que 4.160.000 estarían destinados ao CEIP de Vilalonga. Segundo os últimos anuncios realizados pola Consellería, está previsto que as obras se inicien no segundo semestre deste ano 2019.
O desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Educativas ata o ano 2021 contempla a execución de nove actuacións de obra nova (construción, ampliación e reformas importantes) na provincia, ás que se destinarán máis de 12,7 millóns de euros. Neste apartado, ademais do CEIP de Vilalonga, destacan os 1,4 millóns previstos para a ampliación do IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas e os 400.000 euros que se destinarán á terceira fase do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.
Ademais, a Consellería continuará renovando as instalacións dos centros máis antigos para adecualas ás necesidades actuais. Neste sentido, para o período 2019/20 están previstas catro actuacións de rehabilitación enerxética na provincia, o que suporá un investimento de preto de 2,2 millóns de euros.
En concreto, este ano realizaranse melloras no CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) e no CEIP Arealonga (Vilagarcía de Arousa). Estas obras consisten na mellora da cuberta, da carpintería exterior, falsos teitos, renovación de luminarias, illamento de fachada e traballos de pintura e de identidade corporativa.
Relacionadas:
-
Sanxenxo agradece coa Cebola de Ouro ao conselleiro de Cultura polo seu "papel fundamental" no novo colexio de Vilalonga
Por Redacción |
-
A ampliacion do instituto de Caldas, pendente de que o Concello ceda os terreos a Educación
Por Redacción |
-
O Gran Montecelo 'absorbe' a metade do investimento da Xunta en Pontevedra en 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Xunta e Concello asinan o convenio de posta a disposición dos terreos do novo colexio de Vilalonga
Por Redacción |
-
O pleno aproba o convenio para a construción do novo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
Educación espera comezar a obra do novo colexio de Vilalonga no segundo trimestre de 2019
Por Oskar Viéitez |