A Festa do Marisco pasa o ecuador mantendo o volumen de racións vendidas

Por Redacción
Pasa o ecuador da Festa do Marisco manténdose o volume de racións de anos anteriores.
Este martes o consumo de polbo con 454 racións e o arroz de marisco con 430 foron os produtos máis demandados. Sígueos de cerca os mexillóns (416), as volandeiras e zamburiñas (378), ás empanadas (331), as ameixas (256). Sorprende o incremento no consumo de percebes, nécora e camarón con respecto a outros anos. Xa se esgotou o cangrexo real e estanse a facer un oco importante os fideos mariñeiros.
DITAME PREMIO NACIONAL LOLA TORRES
Este mércores o Xurado do "Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres" deu a coñecer o nome do restaurante galardoado desta XVIII edición.
Este premio gastronómico, que este ano alcanza a súa maioría de idade, está organizado pola Fundación Amigos de Galicia coa colaboración do Concello do Grove, a Axencia de Turismo de Galicia e o Centro Superior de Hostalería da Xunta de Galicia.
Por decisión do Xurado, tras valorar as 145 propostas presentadas, a maioría delas procedentes de Euskadi, Madrid e Andalucía ademais de 5 candidaturas de Portugal, o XVIII Premio Nacional de Gastronomía Tradicional Lola Torres será outorgado ao Restaurante Casa Botín de Madrid.
CONCERTOS
Esta noite actuarán Os Firrás, agrupación local con anos de experiencia e moitas ganas de agradar ao público.