A Festa do Marisco pasa o ecuador mantendo o volumen de racións vendidas

O Salnés
09 de outubro 2019

Este mércores o Xurado do "Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres" deu a coñecer o nome do restaurante galardoado desta XVIII edición: Casa Botín de Madrid

Xurado do Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres
Xurado do Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres / Concello do Grove

Pasa o ecuador da Festa do Marisco manténdose o volume de racións de anos anteriores.

Este martes o consumo de polbo con 454 racións e o arroz de marisco con 430 foron os produtos máis demandados. Sígueos de cerca os mexillóns (416), as volandeiras e zamburiñas (378), ás empanadas (331), as ameixas (256). Sorprende o incremento no consumo de percebes, nécora e camarón con respecto a outros anos. Xa se esgotou o cangrexo real e estanse a facer un oco importante os fideos mariñeiros.

DITAME PREMIO NACIONAL LOLA TORRES

Este mércores o Xurado do "Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres" deu a coñecer o nome do restaurante galardoado desta XVIII edición.

Este premio gastronómico, que este ano alcanza a súa maioría de idade, está organizado pola Fundación Amigos de Galicia coa colaboración do Concello do Grove, a Axencia de Turismo de Galicia e o Centro Superior de Hostalería da Xunta de Galicia.

Por decisión do Xurado, tras valorar as 145 propostas presentadas, a maioría delas procedentes de Euskadi, Madrid e Andalucía ademais de 5 candidaturas de Portugal, o XVIII Premio Nacional de Gastronomía Tradicional Lola Torres será outorgado ao Restaurante Casa Botín de Madrid.

CONCERTOS

Esta noite actuarán Os Firrás, agrupación local con anos de experiencia e moitas ganas de agradar ao público.