O Pontevedra, a prolongar o seu bo momento na visita do Salamanca CF
Por Diego Espiño
Catro xornadas acumula o Pontevedra sen perder, un tempo no que botou o ferrollo á súa portería para ir crecendo na competición. Pero os granates queren máis, mirar cara á zona nobre, e iso pasa por vencer este domingo en horario pouco habitual (18:30 horas) o Salamanca CF no Estadio Municipal de de Pasarón.
Luismi deberá recompoñer o equipo ante as baixas coa que afrontan a cita, debido ás sancións de Adrián León e David Castro e ás lesións de Álex Fernández e Romay, quen "por muy poco que tenga no va a llegar", recoñeceu o técnico na rolda de prensa previa ao choque. Si estará na convocatoria Nacho López a pesar das molestias que arrastrou nos últimos días.
O preparador pontevedrés pide "no mirar la clasificación" que sitúa en descenso ao seu próximo rival, xa que "es un engaño" debido a que os charros "en la línea del Burgos son una plantilla para estar en la parte alta", asegura.
En canto aos cambios no once estes serán "hombre por hombre, no vamos a volvernos locos", defendeu Luismi con respecto ao esquema que utilizará o equipo e que seguirá a liña das últimas citas, esperando un duelo co rival replegado que ceda a iniciativa.
Tamén o Salamanca, dirixido agora por Antonio Calderón, chega á cita cun carrusel de baixas, entre as que se atopan o lateral esquerdo Adrián Pumar, o centrocampista Vivi, o defensor Antonis e o gardameta Dani Sotres.
O colexiado do encontro será o asturiano Álvaro Alonso Prendes.
Relacionadas:
-
Plácida vitoria do Pontevedra ante un inocente Salamanca CF (2-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Langreo será o primeiro rival do Pontevedra na súa defensa da Copa Federación
Por Redacción |
-
A praga de baixas chega tamén ao Salamanca CF, próximo rival do Pontevedra
Por Redacción |
-
Máis problemas para o Pontevedra: Romay lesionado e Competición non perdoa a David Castro
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra mira cara arriba ao gañar en Burgos (0-1)
Por Redacción |