Alexandre Alberte Moreira
"Nin lajarto, nin lajartija, ríptil"
Era xuño, un sábado, faltaban quince minutos pra a misa das séis da tarde, e Don Jesús o Párroco, acababa de chegar, mentras tanto Pepe e Manolo, levaban dúas longas horas discutindo, sobor do diviño e do humano.
De súpeto, Manolo, viu cómo un lagarto, asomaba a cabeza, por detrás do cumio do tellado dun vello alpendre, situado a man dereita do "poio das lamentacións".
Pepe estaba distraído pensando nas musarañas, Manolo espertouno, e sinaloulle o punto exacto no tellado, onde agora o lagarto torrábase ó sol da tardiña. Despóis dun par de minutos, Pepe o fin conseguiá miralo becho..., mais por non perdelo costume, discrepaba..., Pepe exclamou...: "Manolo canto tempo levas sin a boina, a tí o sol na cabeza, ben non che fai..., eiquí en Cuspedriños eso é, foi e será unha "lajartija"...".
Manolo calzou a boina, e decidiu por vez primeira na súa vida..., "non discutir", sin dicir nada, ergueuse, e entrou na Igrexa, o Pepe estaba tan enchido que semellaba un Pavo Real..., por fin gañara un combate por Knock Out dialéctico...
Manolo chamou por Don Jesús, este saíu da sacristía abotoando a Casulla, e acariñando a Estola, sairon da Igrexa, dirixíronse cara onde o "Pepe Real"...; e Manolo amosoulle o "becho" obxecto da disputa ao señor párroco, este puxo os "dous" puntos sobre o "i", e coa voz máis grave que tiña, apostillou: "nin lajarto..., nin lajartija..., eso técnico..., técnico..., é un ríptil...", Palabra de Déus..., ou casi... O Cura voltou para a Igrexa, a xente xa estaba sentada, e a Misa iba escomezar, mentras, Pepe e Manolo quedaron caladiños..., tan só un momentiño...