Sanidade organiza unha vacinación masiva para persoas de 75 a 79 anos e entre 60 e 65 anos
Por Alejandro Espiño
Un total de 14.350 persoas da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés están chamadas a participar nunha nova campaña de vacinación masiva contra a covid-19 que Sanidade programou para esta semana. A inmunización comezará mañá martes.
Os convocados serán, por unha banda, os que teñan entre 75 e 79 anos (concretamente persoas nadas entre os anos 1942 e 1946); e por outra, persoas entre 60 e 65 anos, cuxo ano de nacemento fose entre 1956 e 1961.
Esta convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores, e no caso da área sanitaria de Pontevedra as vacinas inocularanse no Recinto Feiral de Pontevedra e en Fexdega, en Vilagarcía de Arousa.
No caso dos nados entre 1942 e 1946, que recibirán a vacina de Pfizer, van citar a unhas 9.000 persoas mediante un SMS con confirmación hoxe mesmo e cunha chamada robótica con confirmación mañá martes día 6.
Ademais, haberá unha chamada desde os equipos de citación o mércores, tan só aos que non confirmasen a súa cita por SMS ou a chamada robótica.
Estas vacinacións terán lugar entre o xoves e o domingo día 11.
En canto aos nados entre 1956 e 1961, que recibirán a vacina de AstraZeneca, citarase a 5.350 persoas por medio dun SMS que non precisará confirmación. Finalizada cada xornada, chamarase aos non asistentes para citalos nos seguintes días dispoñibles.
Estas vacinacións terán lugar entre a tarde de mañá martes e o mércores día 7, segundo confirmaron as autoridades sanitarias.
Relacionadas:
-
Novo impulso á vacinación na área sanitaria, con 31.173 doses en dúas semanas
Por Redacción |
-
Peche dunha semana de vacinación masiva na que foron citadas 14.350 persoas da área sanitaria
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Sanidade pacta coas comunidades vacinar con AstraZeneca só a persoas maiores de 60 anos
Por Diego Espiño |
-
Das aglomeracións iniciais a unha segunda xornada tranquila de vacinación no Recinto Feiral
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Nivel máximo de restricións para O Grove e alto para A Illa mentres Sanxenxo pasa a nivel medio
Por Redacción |
-
Comeza a vacinación masiva no Recinto Feiral de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Todos os galegos maiores de 80 anos terán posta este luns a primeira dose da vacina
Por Oskar Viéitez |
-
Galicia emitirá a partir de abril un certificado dixital de vacinación
Por Oskar Viéitez |
-
Os axentes das policías locais de Galicia, próximo colectivo en recibir a vacina contra a covid-19
Por Redacción |