Aparecen síntomas de golpe de sol nos acios
Por Redacción
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra lanza un novo aviso fitosanitario e aconsella continuar revisando a evolución do mildio, xa que na parte alta das parras seguen sen chegar os funxicidas. O persoal técnico considera importante revisar a eficacia do tratamento ante un patóxeno que xa provocou danos anteriormente.
Alertan tamén sobre a vixilancia do oídio, chamado popularmente "blanquilla", e o black rot para, en caso de presenza de síntomas, actuar canto antes. Desde o Areeiro sinalan que a estabilidade do tempo favorece a aparición de acios con síntomas de golpe de sol, con plantas con alteración de madeira e a aparición de máis cepas con síntomas de estrés hídrico.
Na modalidade de albariño, os expertos indican que se observan acios moi dispersos con uvas brillantes e nas variedades tintas resulta máis habitual atoparse cos primeiros indicios do pintado, pero sen que se trate dunha situación xeral nas viñas.
Tamén advirten da posibilidade de que aparezan os primeiros síntomas do mal de chumbo, unha patoloxía que aparece nas froiteiras de óso. Trátase dunha enfermidade moi grave e aconséllase a eliminación das ramas afectadas destruíndoas e protexer córtesvos cunha pasta fungicida. En canto ás árbores que ofrecen froitos sen óso aconséllase que se recolla a froita sobremadura que cae ao chan debaixo da árbore para evitar a súa podremia e a aparición de patóxenos.
Relacionadas:
-
Advertencia das primeiras manchas de mildio nas viñas
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Aparecen síntomas de golpe de sol nos acios
Por Redacción |
-
Carmen Salinero, pregoeira das Festas da Peregrina: "É unha honra que formará parte do meu currículo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Areeiro pide botar un ollo ás viñas a pesar da calor para evitar sustos na vendima
Por Redacción |
-
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro convértese en laboratorio de referencia tamén para Portugal
Por Redacción |