Silvia Aguete queda ás portas de ser nomeada mellor porteira do mundo
Por Redacción
A un paso quedou a pontevedresa Silvia Aguete de ser nomeada mellor porteira do mundo.
A gardameta do Poio Pescamar quedou en segundo lugar nos Umbro Futsal Awards de fútbol sala, premios que recoñecen aos e as mellores do ano a nivel internacional.
A gañadora do galardón foi finalmente a portuguesa Ana Catarina, que se impuxo ao Silvia ás outras 8 xogadoras nomeadas: Ana Etayo (España), Anastasia Ivanova (Rusia), Ayaka Yamamoto (Xapón), Bianca Castagnaro (Brasil), Farzaneh Tavasoli (Irán), Jhennifer De Oliveira (Brasil), María Antonio Mascia (Italia) e Pannipa Kalomrat (Tailandia).
A pesar de non vencer, este nomeamento recoñece a gran tempada da porteira vermella, consolidada na Selección Española e elixida polas súas compañeiras como a mellor gardameta do ano na Primeira División nacional.
Os Umbro Futsal Awards escolleron ademais a outra futbolista española, Ame Romero (Futsi Atlético) como segunda mellor xogadora do ano.
Relacionadas:
-
Silvia Aguete, nomeada mellor gardameta do mundo: "Que la gente reconozca tu trabajo es un orgullo"
Por Diego Espiño |
-
Silvia Aguete, tras gañar a Eurocopa de fútbol sala: "Con el paso de las horas seré más consciente de lo que hemos hecho"
Por Redacción |
-
Silvia Aguete estará na Eurocopa de Portugal
Por Diego Espiño |
-
A brasileira Lidiane Carvalho, nova futbolista do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar volve á competición en Ourense
Por Redacción |
-
Poio Pescamar sofre para dobregar a Viaxes Amarelle no derbi aprazado (2-3)
Por Redacción |
-
Importante vitoria do Poio Pescamar ante o AD Alcorcón (4-1)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
O nomeamento de Silvia como unha das mellores gardametas do mundo, un "orgullo" para o Poio Pescamar
Por Redacción |