8M e COVID persistente. Porque a igualdade tamén debe chegar á saúde

Diversos estudos indican que entre o 70% e o 80% das persoas con covid persistente son mulleres

O 8 de marzo, a Asociación de COVID Persistente de Galicia lembra que a maioría das persoas afectadas son mulleres e reclama máis investigación, recoñecemento da enfermidade e protección laboral e social.

Diversos estudos indican que entre o 70% e o 80% das persoas con covid persistente son mulleres.

Esta enfermidade pode provocar, entre outros, síntomas como: fatiga extrema, problemas cognitivos, dor ou dificultade respiratoria durante meses ou anos. Condicionando gravemente a vida laboral, social e familiar das persoas afectadas.

Cunha enfermidade crónica que limita a enerxía e a capacidade funcional, moitas mulleres víronse obrigadas a reducir a súa actividad laboral, solicitar incapacidades ou mesmo abandoar o emprego.

Esta situación pon de manifesto un problema máis amplo: o histórico sesgo de xénero na investigación biomédica. Durante décadas, moitos estudos non tiveron en conta adecuadamente as diferenzas entre mulleres e homes, e as enfermidades que afectan maioritariamente ás mulleres adoitan recibir menos atención e investimento en investigación.

O que reclamamos é máis investigación, máis recursos e máis recoñecemento para unha enfermidade que afecta de maneira moi significativa ás mulleres.

Neste 8 de marzo queremos tamén facer un chamamento ás administracións públicas para que reforcen o acompañamento ás persoas afectadas nos procesos sanitarios e administrativos. As persoas enfermas non deberían verse obrigadas a loitar contra procedementos complexos mentres padecen unha enfermidade incapacitante. É necesario facilitar e axilizar a tramitación de baixas, incapacidades e outras medidas de protección laboral e social.

Porque a igualdade tamén debe chegar á saúde, á investigación e á protección social, NON Ó SESGO DE XÉNERO.

Non ó sesgo de xénero na COVID persistente.

Asociación Galega de Covid Persistente (ASGACOP)