Boicot ao equipo Israel Premier Tech na "Vuelta Ciclista"

08 de septiembre 2025

Chamamento a boicotear, por todos os medios, a participación do equipo Israel Premier Tech na "Vuelta Ciclista" no seu paso pola Galiza e ó patrocinador principal da competición (Carrefour)

Facéndonos eco do chamamento da maior coalición da sociedade palestina, o Comité Nacional Palestino de BDS, exiximos un boicote deportivo a Israel nas competicións e foros deportivos mundiais. Chamamos, en primeiro lugar, ás persoas deportistas. Non se trata de política, senón de defender os valores do deporte. Mentras as institucións e federacións deportistas permiten a participación de Israel nas competicións deportivas, só nos últimos dous anos Israel asasinou a unhas 800 persoas palestinas deportistas, destruíu a totalidade das instalacións deportivas da Faixa de Gaza e boa parte das da Cisxordania. O deporte galego non pode permanecer indiferente a esta matanza e permitir que un equipo ciclista financiado por criminais circule impunemente polas estradas e rúas da Galiza. Este feito de "sportswashing", que Israel use o deporte para lavar e normalizar un xenocidio despoxa de todo valor deportivo á competición. Non deixemos que o deporte se deshumanice e sexa cómplice dun xenocidio.

Sinalamos a responsabilidade da Unión Ciclista Internacional (UCI) ao permitir a participación do equipo Israel Premier Tech en violación do seu propio regulamento e ignorando a legalidade internacional. Por estes motivos pedimos a expulsión inmediata de Israel Premier Tech desta competición e tamén o fin do patrocinio de Carrefour, empresa cómplice coa ocupación e co apartheid, que utiliza o deporte para limpar a súa imaxe mentres participa na violación de dereitos do pobo palestino. O Carrefour, que este ano redobra a súa presenza como patrocinador principal da Vuelta, mantén acordos comerciais con empresas israelitas asentadas en colonias ilegais e mesmo entregou agasallos a soldados sionistas durante o xenocidio en Gaza. Por iso, entendemos que o boicote a Carrefour é parte esencial desta campaña.

Mentras Israel intensifica a matanza en Gaza e prepara a anexión da Cisxordania, os gobernos, a lei e orde internacional amósanse ineficientes e néganse a tomar medidas políticas e económicas de desvinculación con Israel e de freo ao xenocidio palestino. Séguense empregando os portos e aeroportos para fornecer con armas a Israel, incluso proveéndoas directamente. Séguense mantendo todo tipo de relacións económicas, diplomáticas, políticas, universitarias... co rexime xenocida. Mentras o dereito humanitario e internacional afúndense debaixo dos entullos en Gaza, Israel comete todo tipo de atrocidades e crimes de guerra. As Nacións Unidas, a ONU, que debería salvagardar un mínimo de humanidade, é expulsada e substituída por forzas mercenarias que se entreteñen disparando sobre a poboación palestina famenta.

O propio persoal da ONU é asasinado por Israel, xunto a persoal sanitario, xornalistas, persoal de emerxencias, da Media Lúa Vermella, de Protección Civil… e deportistas. Todo aquilo que non fan os gobernos e

organismos internacionais está e ser feito e reclamado pola sociedade civil en todo o mundo.

Parabenizamos aos pobos que xa saíron as rúas noutros puntos da Península berrando polo "Boicote a Israel" e solidarizámonos coas persoas agredidas polas forzas de "orde" nestas protestas e as detidas en Asturies.

Agora, toca actuar a Galiza, é o momento. Boicotemos, por todos os medios, o paso de "La Vuelta" e da depravación de Israel pola nosa terra!