Esta edición está máis chea que o camarote dos Irmáns Marx. Repleta de bandas da escena punk rock pontevedresa, algunhas recentes e tamén presentes, outras con máis soleira e ás que Jesús Fontanes e Marcial Outeda renden tributo - moi adecuado para un podcast que lles quedou moi musical -. Entre esas bandas non pode faltar unha formación que chegou a editar os seus discos e actuaron dentro e fóra de Pontevedra, e mesmo cuns míticos como Barricada. Como pista dicir que os seus integrantes chamábanse José Manuel - alias 'Pucho' -, Iván, Ángel, Marcial e Suso.
Boomer el último #16: Lendas punk rock de Pontevedra
20
de abril
2024
Actualizado:
27
de maio
2025
Lendas punk rock de Pontevedra.
Máis novidades