Cara a cara #220: Jumber, BBoy pontevedrés

Radio
27 de xaneiro 2021
Actualizado: 27 de novembro 2024

Jumber, BBoy pontevedrés.

Cara a cara #220: Jumber, BBoy pontevedrés /
Cara a cara #220: Jumber, BBoy pontevedrés
Cara a cara #220: Jumber, BBoy pontevedrés

Nos Xogos Olímpicos de París 2024 catro novas disciplinas estarán presentes: surf, escalada, skateboard e breaking (breakdance). Jumber é pontevedrés, ten 23 anos, pertence ao grupo de breaking Flava Brothers e tamén está federado no Club Deportivo da Rúa da Coruña, o primeiro en toda España en pertencer á Federación Española de Baile Deportivo que é o que ampara aos BBoys e BGirls, denominación que se utiliza para quen practica breaking.

Jumber é o 'nome de guerra' de Alberto Pérez Portela, investigador titulado en Actividade Física, Deporte e Saúde; mestre graduado e monitor de tempo libre.