Cara a cara #241: Miguel García González

Radio
11 de agosto 2021
Actualizado: 27 de novembro 2024

Miguel García González, biólogo molecular e investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Cara a cara #241: Miguel García González /
Cara a cara #241: Miguel García González
Cara a cara #241: Miguel García González

Miguel Ángel García González, natural de Portonovo, é doutor en Bioloxía. Dirixe o grupo de Investigación Xenética e Bioloxía do Desenvolvemento das Enfermidades Renais no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e tamén é adxunto de Xenética Molécular na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Engade ao seu currículo tres patentes.

Falamos sobre a medicina xenómica e o seu desenvolvemento en Galicia. Non é a Medicina do futuro, é a Medicina do presente, asevera. Lamenta o escaso investimento para I+D+I en España; unha rémora case global.