Cara a cara #273: Perfecto Luis Souto Torres

Radio
19 de marzo 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Perfecto Luis Souto Torres, autor de 'Stricta funis. En la cuerda floja'.

Cara a cara #273: Perfecto Luis Souto Torres /
Cara a cara #273: Perfecto Luis Souto Torres
Cara a cara #273: Perfecto Luis Souto Torres

Perfecto Luís Souto Torres sitúa a Pontevedra como principal escenario da súa primeira novela 'Stricta funis. En la cuerda floja'.  A trama emerxe dunhas obras de ampliación nunha avenida de Pontevedra, onde se atopan unha cámara mortuoria. 'Stricta funis. En la cuerda floja' non será a súa única novela xa que ten desenvolta unha segunda e terceira parte da mesma. Polo momento, o próximo 9 de abril presentará este debut como escritor. 

Durante a charla que mantemos mergullámonos baixo a auga para coñecer ata onde alcanza unha das súas aficións, a arqueoloxía submarina. Perfecto Luís Souto é parte dun equipo profesional que logrou o pasado 2021 descubrir o primeiro astrolabio en augas galegas, concretamente na ría de Viveiro.