Begoña Hermida, directora de FEGADACE, a Federación Galega de Dano Cerebral toma a palabra neste podcast. "O dano cerebral adquirido é a primeira causa de discapacidade entre poboación adulta en Galicia" lembra. É unha discapacidade que na maioría dos casos está ocasionada por un ictus ou un traumatismo cranioencefálico. As súas secuelas son moi diversas: motoras, sensoriais, orgánicas, cognitivas, conductuales, sociais e emocionais.
O Hospital Provincial ofrece ata o 16 de maio unha exposición que informa a través de imaxes sobre o dano cerebral. Leva por título 'Punto e seguido, a vida despois dano cerebral' e a partir do 17 de maio tamén se instalará no Hospital do Salnés.