Cara a cara #331: Gabriel Peso

Radio
01 de decembro 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Gabriel Peso, pianista, compositor, produtor musical e arreglista.

Cara a cara #331: Gabriel Peso /
Cara a cara #331: Gabriel Peso
Cara a cara #331: Gabriel Peso

Volve Gabriel Peso a PontevedraViva Radio  co seu terceiro disco e cunha xira por Galicia para presentalo: 'Ataraxia'. A portada, a contraportada, o interior de 'Ataraxia' é a ría de Pontevedra. Tamén é temporalmente Pontevedra, onde pasou o confinamento pandémico e aproveitou para materializar o disco. Musicalmente é Pontevedra porque segue fusionando o jazz cos ritmos do folclore galego.  

Iniciou a xira este mércores en Ourense, á que seguiu Santiago de Compostela. Este venres 2 de decembro vai estar presentando 'Ataraxia' xunto a David Ruiz e Miquel Asensio (cos que conforma o trío de jazz), no Náutico de San Vicente do Grove ás 20.00 horas. Mañá sábado continuará en Jazz Filloa da Coruña ás 21.45 horas e polo momento, completará o domingo 4 en Clavicémbalo de Lugo ás 13.30 horas. 

Foto: Mónica Patxot