Cara a cara #34: María Teresa Pantín Tascón

Radio
23 de novembro 2016
Actualizado: 27 de novembro 2024

María Teresa Pantín Tascón, inspectora xefe da Unidade de Familia e Muller da Comisaría Provincial de Pontevedra.

Cara a cara #34: María Teresa Pantín Tascón /
Cara a cara #34: María Teresa Pantín Tascón
Cara a cara #34: María Teresa Pantín Tascón

Na semana en que se fai unha chamada de atención sobre a violencia de xénero (o 25 de novembro é a data sinalada no calendario contra este tipo de violencia) PontevedraViva Radio dedica algúns dos seus programas a este problema social. Neste Cara a Cara acompáñanos María Teresa Pantín Tascón, inspectora xefe da UFAM (Unidade de Familia e Muller) da Comisaría de Provincial de Pontevedra. Unha unidade en funcionamento desde hai dez meses e que investiga e protexe a vítimas de violencia de xénero, agresións sexuais, menores e infraccións no ámbito familiar.