Cara a cara #35: Fernando González, Gonzo

Radio
30 de novembro 2016
Actualizado: 27 de novembro 2024

Fernando González, Gonzo.

Cara a cara #35: Fernando González, Gonzo /
Cara a cara #35: Fernando González, Gonzo
Cara a cara #35: Fernando González, Gonzo

Fernando González González, Gonzo, é vigués. Un vigués que decidiu estudar xornalismo e licenciouse na Universidade de Salamanca. Aquel xornalista novel comezou a súa andaina na súa comunidade natal traballando para Radio Nacional e TVE Galicia. Vestido con traxe negro e lentes da mesma cor, o seu nome entra na memoria colectiva grazas a Caiga Quien Caiga. Logo viría El método Gonzo e outra etapa na TVG.

2010 comezou coa súa fichaxe por El Intermedio da Sexta, e aí segue poñendo rostro e voz ao xornalismo social. Esa deriva profesional a extrapola ao ámbito persoal, e non dubidou en exercer de "embaixador" do Banco de Alimentos para a recente Gran Recollida 2016. Fernando González, Gonzo, atendía a chamada de PontevedraViva Radio antes de enfundarse o chaleco de voluntario do Banco de Alimentos de Pontevedra.