Adriana Cores é da Illa; Héctor Rodríguez, de Moaña e Iván Barral, de Meis. E os tres ao unísono Lontreira, un grupo galego emerxente que desde a próxima primavera xa ten comprometidos un bo número de concertos. A comezos do 2023 sacaron o seu primeiro disco: 'Apnea'.
Tiveron un excelente escaparate o ano pasado ao gañar o concurso da CRTVG á canción do verán con 'Corazón de toxo'. Non se limitan en xéneros musicais, traen desde ritmos caribeños como a cumbia ata sons máis electrónicos, queren explorarse a si mesmos. Aínda que disco conceptual poida soar a difícil de escoitar, 'Apnea' non o é. A súa aposta musical tamén está na lingua galega.