Cara a cara #369: Defreds

Radio
30 de marzo 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

José Ángel Gómez Iglesias, Defreds, escritor.

Cara a cara #369: Defreds

'Ojalá', o penúltimo libro de Defreds, estivo o pasado 2022 encabezando durante semanas a listaxe de libros máis lidos de poesía en España. Os títulos previos non lle quedaron á zaga en éxito. Ademais José Ángel Gómez Iglesias tamén está entre os autores máis influentes deste país se se atende ao número de seguidores que acumula nas súas redes sociais. Non hai que irse moi lonxe para atopalo, no mesmo Vigo. Este marzo acaba de publicar o undécimo libro nestes últimos oito anos: 'Siempre'Se en 'Ojalá' miraba aos astros, en 'Siempre' se parou no horóscopo. Hai nexos entre ambos. Un deles o da ilustradora Lady Desidia que deu outro plus a este libro.