Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

Radio
04 de xaneiro 2017
Actualizado: 27 de novembro 2024

Beatriz Ramírez Canosa é un exemplo dos mozos actuais. Preparados academicamente tiveron que buscar un futuro fóra. Fálanos da súa experiencia en Estados Unidos.

Cara a cara #40: Beatriz Ramírez /
Cara a cara #40: Beatriz Ramírez
Cara a cara #40: Beatriz Ramírez

É pontevedresa, ten 25 anos. Formouse academicamente en España, pero as oportunidades laborais non chegaron aquí e buscou un futuro, a maior ou menor prazo, no estranxeiro. Desde o pasado agosto vive e traballa en Carolina do Norte, en Estados Unidos. Alí é profesora de español na Universidade. Beatriz Ramírez Canosa, estivo gozando de cinco semanas de vacacións na súa cidade, coa súa familia e os seus amigos; e nese intervalo compartiu nos micrófonos de PontevedraViva Radio a súa experiencia persoal; unha experiencia que non é excepcional entre os mozos da súa idade.