Cara a cara #427: Clara Sánchez e 'Los pecados de Marisa Salas'

Radio
18 de outubro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

Clara Sánchez, escritora e integrante da Real Academia Española.

Cara a cara #427: Clara Sánchez e 'Los pecados de Marisa Salas' /
Cara a cara #427: Clara Sánchez e 'Los pecados de Marisa Salas'
Cara a cara #427: Clara Sánchez e 'Los pecados de Marisa Salas'

Premio Planeta, Premio Nadal, Premio Alfaguara..., son algúns dos recoñecementos literarios que atesoura Clara Sánchez quen ademais, desde este 2023 ocupa o asento X da RAE. A súa última novela mira ao sector editorial: 'Los pecados de Marisa Salas'. Leva aos lectores ante unha muller madura que fixo desaparecer calquera vestixio do seu pasado como escritora frustrada e quen de súpeto atopa publicada - con abafador éxito -, unha copia exacta da súa novela coa firma doutro autor. 

Falamos destas páxinas, de como cambiou o sector editorial nestas últimas décadas, de escritores pantasma, de sentimentos que afloran nesta novela ou do éxito que Clara Sánchez ten fóra de España. Non podiamos pasar por alto a súa entrada na Real Academia España, onde nos di que este mesmo xoves 19 de outubro, participará na súa primeira sesión plenaria.

Foto: Carlo Brunetti