Ana Ortiz era nomeada este pasado 1 de febreiro subdelegada do Goberno en Pontevedra. Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio coñecemos a esta ourensá de nacemento, viguesa de residencia e pontevedresa laboralmente. Estas semanas serán de moita entrevista de cortesía, de ir axustándose ao novo espazo administrativo, pero na súa toma de posesión xa avanzou tres prioridades: atallar a violencia machista, algo que lle resulta máis preocupante se cabe entre a poboación máis nova; e reducir a delicuencia e a sinistralidade nas estradas.
Cara a cara #44: Ana Ortiz
Radio
02
de febreiro
2017
Actualizado:
27
de novembro
2024
Ana Ortiz, nova subdelegada do Goberno en Pontevedra.
Máis novidades