Cara a cara #441: Polo Correo do Vento e Luísa Villalta

Radio
09 de decembro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

Polo Correo do Vento publican 'Tinta de mar, pequena biografía de Luísa Villalta.

Cara a cara #441: Polo Correo do Vento e Luísa Villalta /
Cara a cara #441: Polo Correo do Vento e Luísa Villalta
Cara a cara #441: Polo Correo do Vento e Luísa Villalta

As Letras Galegas teñen en 2024 nome feminino, Luísa Villalta. Charlamos con Enrique Mauricio, a metade de Polo Correo do Vento sobre 'Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta', undécima publicación da colección Mulleres Galegas. Como autora escribiu poesía, teatro, ensaio, ficción, tradución e artigos en prensa e revistas especializadas. Villalta era titulada superior en Violín e defínena como "a escritora co violino". O Consello da Cultura Galega sinala que "destaca pola forza da súa voz e o seu compromiso social". Dado que é unha publicación dirixida a público infantil, adaptan esta personalidade á comprensión dos seus destinatarios e para iso "é fundamental o traballo da ilustradora Tania Solla", que xa plasmou o seu quefacer a outros títulos da colección.

Foto: Mónica Patxot