Cara a cara #474: Yolanda Cruz Ayala + 'Sin latido'
'Sin latido' é a cuarta novela que publica Yolanda Cruz Ayala. Entra como escritora nun xénero ben recibido editorialmente, a novela policiaca. Suicidio, homicidio ou accidente?. Son as tres hipóteses que manteñen a intriga do público lector desta novela para saber que ocorre con Celeste, "unha nova profesora madrileña achada sen vida na Línea de la Concepción. Xunto ao corpo, a policía científica atopa caixas vacías de benzodiacepinas e outros opiáceos que suxiren que se quitou a vida". Entra paralelamente no lado escuro da mente humana. "Non son psicóloga e tiven que investigar e preguntar moito. Os principais personaxes arrastran temas do pasado, como por exemplo Celeste.Quería que o lector a coñecese ben e que se preguntase que lle podía pasar".
Foto: PontevedraViva / Antonio Javier Plana Priego