Cara a cara #477: David Rodríguez e os irmáns Nodal

29 de maio 2024
Actualizado: 27 de maio 2025

David Rodríguez Couto publica 'Imperio y reputación. El viajo de los hermanos Nodal y su mundo'.

Cara a cara #477: David Rodríguez e os irmáns Nodal /
Cara a cara #477: David Rodríguez e os irmáns Nodal
Cara a cara #477: David Rodríguez e os irmáns Nodal

Os pontevedreses Irmáns Nodal, Bartolomeu e Gonzalo, nacidos na segunda metade do século XVI, concluíron con absoluto éxito "a última gran exploración na época dos Austrias". Outro pontevedrés, David Rodríguez Couto, publica o primeiro libro que recompila con absoluto rigor aquel fito para a navegación española, a viaxe ao estreito de Magallanes e a Tierra del Fuego. Anos de investigación por todo o mundo se compendian no ensaio  'Imperio y reputación. El viaje de los hermanos Nodal y su mundo'. A Xornada do Estreito "foi unha das expedicións máis brillantes e ignoradas da Idade Moderna".  Ademais da importancia política, xeopolítica e reputacional para Felipe III, o legado dos irmáns Nodal segue vixente

O autor presenta o libro este mércores 29 en Madrid e presentarao o 4 de xullo en Museo de Pontevedra. Tamén estará ao día seguinte asinando exemplares na Festa dos Libros desta cidade.

Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura