Cara a cara #478: Carme Chaparro + 'Castigo'

31 de maio 2024
Actualizado: 27 de maio 2025

Carme Chaparro é xornalista e autora de 'Castigo', a súa quinta novela.

Cara a cara #478: Carme Chaparro + 'Castigo' /
Cara a cara #478: Carme Chaparro + 'Castigo'
Cara a cara #478: Carme Chaparro + 'Castigo'

Na súa primeira novela, 'No soy un monstruo', Carme Chaparro conseguía cortar a respiración dos lectores ao poñerlles fronte á infancia como vítimas do seu relato. Volve facelo en 'Castigo' evidenciando as súas virtudes como autora de novela negra

Falamos no podcast 'Cara a cara' coa popular xornalista. Fai case exáctamente un ano conversabamos con ela con motivo da publicación de 'Delito', o thriller anterior co que deu vida ao forense Santiago Munárriz, ás xornalistas Berta Gigliani e Iluminada Mellado e ao hacker Chiqui. Os catro incorpóranse agora a 'Castigo' coas súas novas circunstancias persoais e profesionais. Con eles Nines, unha muller que no día do seu aniversario esperta e agarda a reiterada cerimonia do seu fillo Jaime para felicitala. Con todo, o que atopará é a orella do neno dentro dun paquete de agasallo.

Paralelamente a esta intriga principal, Chaparro introduce debates como a maternidade, a muller e os cargos profesionais de responsabilidade, o tratamento da crónica de sucesos nos medios de comunicación e concretamente na televisión, o sufrimento infantil, as mulleres descarriadas, ou a intelixencia artificial. Xornalista e escritora da man para non deixar escapar a atención dos seus lectores nin unha soa páxina. Adictiva unha vez máis e xa van cinco.

Na anterior ocasión que contamos coa autora apuntaba que a promoción de 'Delito' coincidíralle cunha mudanza e esta vez, tamén se está adaptando a outro cambio. Mudou de horarios e empezado a presentar o informativo matinal de Telecinco.

Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura