Conversas na Ferrería #148: Pandereteiras de Verducido

Radio
27 de xuño 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Pandereteiras de Verducido. Clara, Candela e Cecilia editan o seu primeiro traballo musical: "Faíscas".

Conversas na Ferrería #148: Pandereteiras de Verducido /
Conversas na Ferrería #148: Pandereteiras de Verducido
Conversas na Ferrería #148: Pandereteiras de Verducido

'Faíscas' é o título do primeiro traballo discográfico de Pandereteiras de Verducido. Un trío formado en 2016 por Clara e Candela Fariña Castro e Cecilia Tilve Solla. En 2017 o tema 'Pontevedra Pontevedriña' serviulles para gañar o Festival da Luz que promove a artista galega Luz Casal.

Tratan de achegar a música tradicional á poboación máis jóven. Certamente achegan un punto de frescura e particularidade ás súas composicións; unhas, con letras de poetas galegos e outras propias. Estarán o próximo día 11 de xullo actuando en Pontevedra con motivo da celebración de San Benito de Lérez e o día 26 no Teatro Principal e un día antes no Festigal.