Tras darse a coñecer a terapia e intervenión pioneira en España levada a cabo este mes no Hospital Montecelo de Pontevedra para enfermos de Crohn; este equipo multidisciplinar cóntanos o antes, durante e o futuro máis e menos inmediato deste traballo: Estela Fernández Salgado, do Servizo de Dixestivo; Erika Barreiro Domínguez, do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva; Carlos Crespo Diz, do Servizo de Farmacia, Gisele Romero Aresté do Servizo de Radiodiagnóstico e Víctor Loira, como representante de ASSEII, a Asociación Sociosanitaria Educativa Inflamatoria Instestinal.
A primeira persoa intervida, evoluciona favorablemente, aínda que haberá que esperar seis meses para ter unha valoración concreta do resultado e o futuro deste proxecto médico. Outra boa noticia é que o próximo día 20 deste mes, realizarase a segunda intervención cirúrxica. Será outra muller de 23 anos de idade.