Entre artes anda a visita guiada pola que transitamos, rodeados ademais de estudantes e profesores da Facultade de Belas Artes e do Garaxe Hermético. Con Asier Mensuro como guía, historiador da arte especializado en cómic e cinema e comisario ademais desta exposición que se pode seguir visitando ata o 11 de novembro no Pazo da Cultura a pedimento da Fundación Telefónica.
En 'A arte no cómic' o público encontra identificadas obras pictóricas de Leonardo Da Vinci, Pieter Brueghel el Viejo, Rembrandt, Monet, Manet, Delacroix, Magritte, Miguel Ángel, Velázquez, Goya, Picasso, Dalí, Gris, Tápies, Georgia O' Keeffe,... xunto a súas transformacións desde a denominada novena arte, o cómic. Éstas con as rúbricas de María Herreros, Catherine Meurise, Teresa Valero,Enrique Ventura e Toni Coromina, Paco Roca, Milo Manara, Azpiri, Arthur Suydam, Álvaro Ortiz, Santiago García, Clement Oubrerie, Javier Olivares, ou Tyto Alba.
Neste podcast atopamos anécdotas, intrahistorias, incluso unha útil audioguía para quen queira visitar ou revisitar a exposición ao seu ritmo, pero coas didácticas palabras dun experto. Ademais charlamos con tres dos mozos ilustradores galegos que tamén forman parte do elenco artístico. O coruñés Brais Rodríguez e os vigueses Óscar Raña e Cynthia Alfonso. E para completar, que lles pareceu todo este contido artístico aos estudantes de Belas Artes e do Garaxe que tiveron a oportunidade de seguir esta visita guiada? tamén respostan.