Conversas na Ferrería segue debatendo sobre a violencia machista. Nesta ocasión miramos aos menores de idade. As outras vítimas da violencia de xénero que se rexistra no ámbito familiar e de parella. Carmen Fouces, concelleira de Muller e Igualdade; Rosa Campos, directora do Centro de Información á Muller de Pontevedra e a psicóloga Marta Macía, expóñennos a súa perspectiva desde as súas experiencias profesionais.
Ademais destes menores como "sufridores" da devandita violencia, abordamos outro serio problema social: a violencia machista que tamén exercen os menores de idade nas súas relacións de parella ou amizade. Os datos son preocupantes, cada vez a idades máis temperás están a rexistrarse e denunciando situacións de violencia de xénero.