O vindeiro sábado 22 de abril, a aula CeMit da Biblioteca de Marín acollerá un obradoiro de escritura creativa para celebrar o Día do Libro.
O proxecto ‘Legado creativo’, que nace da colaboración da escritora Elena Gallego e o Concello de Marín, contará cunha capacidade máxima de 15 persoas e terá unha duración de dúas horas.
Durante a xornada do sábado, os achegados coñecerán as historias ocultas nas fotos de familia, as novas ferramentas para crear un relato a partir dunha historia familiar e as claves xerais de escritura creativa.
Todas as persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico [email protected].